CRTVG

Buscar

Londres e a UE interrompen as negociacións do 'brexit' ante a falta de avances

Publicado o 04/12/2020 20:50
Londres e a UE interrompen as negociacións do 'brexit' ante a falta de avances

O Reino Unido e a Unión Europea (UE) acordaron interromper as negociacións para definir a súa relación pos-Brexit pola persistencia de "diferenzas significativas" que impiden que "se dean as condicións para un acordo". Nun breve comunicado conxunto difundido a través das súas contas de Twitter, os negociadores británico, David Frost, e comunitario, Michel Barnier, explicaron que acordaron deter as conversacións para informar os seus superiores do estado do diálogo.

"A presidenta (da Comisión Europea, Ursula) von der Leyen e o primeiro ministro (británico, Boris) Johnson falarán sobre a situación actual mañá pola tarde", apuntaron na súa nota.

Noticias web

04/12/2020