CRTVG

Buscar

O Reino Unido celebrará eleccións anticipadas o 12 de decembro

Publicado o 29/10/2019 21:49
O Reino Unido celebrará eleccións anticipadas o 12 de decembro

A Cámara dos Comúns aprobou hoxe unha lei que permite ao primeiro ministro británico, o conservador Boris Johnson, convocar unhas eleccións xerais anticipadas o próximo 12 de decembro. Por 438 votos a favor fronte a 20, superou o seu último trámite na Cámara baixa a lexislación proposta polo Goberno, que contaba co visto e prace dos principais partidos da oposición.

Espérase que o texto reciba, así mesmo, o apoio da Cámara dos Lores antes do próximo 6 de novembro, cando o Parlamento debe quedar disolto para cumprir cos prazos legais que rexen a convocatoria das comicios no Reino Unido.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

29/10/2019