CRTVG

Buscar

O rei Xoán Carlos e a raíña Sofía participan en Sanxenxo nunha homenaxe ao Juan Sebastián de Elcano

Publicado o 12/07/2019 22:09

Os reis Xoán Carlos e Sofía participaron nunha homenaxe ao buque escola da Armada Juan Sebastián de Elcano en Sanxenxo. Neste acto, organizado polo Club Náutico da localidade, estaba tamén a infanta Elena.

Mentres, o Juan Sebastián de Elcano estaba fondeado moi preto, na praia de Silgar e este sábado apoiará un trofeo náutico, unha competición que se enmarca nas celebracións do V centenario da primeira volta ao mundo.

Despois collerá rumbo a localidade de Marín. Alí na Escola Naval, o día do Carme, tras completar o cruceiro de instrución número 91, presenciara a entrega dos despachos aos oficiais da Armada e a xura de bandeira dos novos alumnos. Un acto que este ano presidirá o rei Filipe VI.

Noticias web

12/07/2019