CRTVG

Buscar

O Rei reúnese coa ministra de Traballo

Publicado o 20/04/2020 20:13

O Rei segue reuníndose cos principais responsables da resposta á crise do coronavirus. Hoxe foi a ministra de Traballo quen se achegou ata a Zarzuela. Yolanda Díaz explicoulle a Filipe VI o plan en dúas fases que ten o seu departamento para retomar a actividade laboral. Tamén lle detallou as axudas aprobadas ata o momento para os traballadores prexudicados polo confinamento. Con Díaz, xa son 14 os ministros que despacharon co monarca desde o inicio da crise.

Noticias web

20/04/2020