CRTVG

Buscar

O Rei recibe os presidentes do Congreso e do Senado

Publicado o 22/05/2019 14:19

• A Mesa do Congreso celebra mañá a primeira a reunión da lexislatura para abordar o futuro dos catro deputados cataláns que se atopan en prisión preventiva

• A presidenta do Congreso, Meritxell Batet, destacou que o poder xudicial é o que debe estudar "as condutas" de Junqueras, Jordi Sànchez, Rull e Jordi Turull

A presidenta do Congreso acudiu á Zarzuela para comunicarlle ao Rei a constitución da cámara baixa e para aclarar que non vén traer a lista dos grupos para abrir consultas -isto será un paso posterior-.

Son trece os grupos con representación parlamentaria e está por ver se ERC e JxCat tentarían que lles representen algúns dos políticos que están no cárcere nesa rolda. O de hoxe é un trámite para que se inicie o proceso para que o Xefe do Estado designe un candidato que tente conseguir a maioría suficiente no Congreso para ser investido como presidente do Goberno.

Ao mediodía recibiu o presidente do Senado, Manuel Cruz, que lle comunicou a composición da cámara baixa, onde o PSOE ten maioría absoluta.

 


Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

22/05/2019