CRTVG

Buscar

O Rei insta a superar solidariamente a incerta situación económica

Publicado o 18/05/2020 19:53

Os reis don Felipe e dona Letizia presidiron a presentación do informe da Fundación Cotec que cada ano recolle a situación de I+D+I. Con escasos invitados presentes e protexidos todos con máscaras, o monarca instou a encarar a recuperación dos danos provocados pola COVID-19, a perda de seres queridos e unha situación económica "moi complexa e incerta", con ánimo, esperanza e serenidade. Unha situación, dixo, que se superará solidariamente.

Noticias web

18/05/2020