CRTVG

Buscar

O Rei gaba a achega do Tribunal Constitucional á consolidación da democracia

Publicado o 06/07/2020 14:45

O Rei apelou a que "sigamos sempre apreciando e valorando como ben merece" o Tribunal Constitucional, "con toda consideración e respecto". Filipe VI fixo esta declaración no discurso do acto conmemorativo dos 40 anos do Tribunal. O acto celebrouse esta mañá na propia sede deste órgano. Asistiron as presidentas do Congreso e do Senado, o presidente do TC, Juan José González Rivas, a vicepresidenta do Goberno, Carmen Calvo e os ministros de Xustiza, Interior e Defensa.

Noticias web

06/07/2020