CRTVG

Buscar

O rei Filipe escolle Tui para retomar a súa axenda o vindeiro mércores

Publicado o 28/08/2020 18:54
O rei Filipe escolle Tui para retomar a súa axenda o vindeiro mércores

O rei Filipe retoma a súa axenda pública o próximo mércores en Galicia, cunha visita a Tui. Don Filipe visitará a Comandancia Naval do Miño, unha institución militar que depende da Armada Española que se encarga do control e da xestión administrativa do río. Esta visita a Tui será o seu primeiro acto oficial do rei, despois de pechar a axenda de verán nas illas Baleares cunha visita a Ibiza canda a raíña Letizia.

Noticias web

28/08/2020