CRTVG

Buscar

O rei Xoán Carlos reaparece en Sanxenxo tras a súa operación

Publicado o 24/09/2019 11:46

O rei don Xoán Carlos ten previsto asistir, salvo causa de forza maior, á regata que se celebra en Sanxenxo esta fin de semana e que leva o seu nome.

Así llo confirmou á TVG Pedro Campos, presidente do Real Club Náutico de Sanxenxo, na presentación desta competición deportiva en que participan máis de 200 embarcacións.

Será a primeira aparición pública do rei emérito despois da súa recente operación de corazón, o 25 de agosto pasado.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

24/09/2019