CRTVG

Buscar

O Real Madrid empata ante o Betis e desaproveita unha ocasión para poñerse de líder

Publicado o 03/11/2019 13:47

Téñeno difícil os afeccionados merengues para estar contentos nesta xornada. Non chovía no Bernabeu pero o Madrid disparou con pólvora mollada ante un Betis que viña con sona de facilón. Iso si, Joel non o puxo nada doado, como ben comprobou Sergio Ramos.
Láianse os brancos das decisións do VAR, que lle anulou este gol a Hazard por vir de fóra de xogo. E sobre todo, por esta posible man de Feddal ante o centro de Benzema, que nin o colexiado nin a videoarbitraxe apreciaron como punible. Fálase menos destoutra acción de Carbajal, na que o balón tamén lle toca no brazo.
Sexa como for, o certo é que non foi quen o Real Madrid de materializar as varias ocasións das que dispuxo, como esta moi clara de Mendy no segundo tempo. Rubi, coa ameaza da destitución soprando na caluga, dispuxo tres centrais para procurar o empate. E conseguiuno, aínda que tivo tamén oportunidade de algo máis. Tres temporadas leva o Beits puntuando no Bernabeu e sen encaixar gol. Un punto balsámico para os andaluces.
Pero moi frustrante para un Real Madrid que deberá agardar outra ocasión para recuperar o liderado. Aínda que para o adestrador de todo un Real Madrid, o que aconteceu ante o Betis non é nada distinto do que lle pode pasar a calquera equipo da Primeira División.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

03/11/2019