CRTVG

Buscar

O Rácing sobrevive no campo da Peña Deportiva e rabuña un empate

Publicado o 08/12/2019 14:22

Apoiado na gran actuación de Diego Rivas na portería o Rácing de Ferrol soubo sacar un punto dun campo tan complicado como o da Peña Deportiva, complicado polo rival e por un sintético no que é difícil manexarse.

Unhas mans de Rodellar na área foron castigadas polo colexiado e aproveitadas por Bernal para adiantar ao conxunto ibicenco. O Rácing empatou contra o final da primeira parte nunha xogada moi embarullada co remate final de Fer Beltrán que superou de vaselina e con suspense o porteiro local. No segundo tempo, unhas veces Diego e outras os paus, evitaron o segundo gol da Peña Deportiva, pero foi o Rácing con Pablo Rey e Marcos Álvarez o que tivo a ocasión para gañar nos intres finais.

Noticias web

08/12/2019