CRTVG

Buscar

O Rácing resolve o derbi co Pontevedra en minutos

Publicado o 01/09/2019 16:21

Na segunda B ás seis da tarde poderemos ver o Coruxo-Internacional de Madrid. Onte o derbi da Malata resolveuno o Rácing nos primeiros oitos minutos. Non perdan os dous primeiros tantos. Non se cumprira o minuto dous e vexan onde coloca o balón Bruno Rivada. Sensacional tanto do xogador formado no Pontevedra. Imparable. Semella que o porteiro do Pontevedra puido facer máis no 2-0. Minuto seis. Tiro seco de Pablo Rey que marca o 2-0. E no minuto oito o propio Pablo Rey fai o tres cero desde os once metros. E non perdan o 4-0 no minuto 45 fermoso tanto tamén de Joselu, marca da casa. O Pontevedra marcou o seu gol no segundo tempo. No minuto quince do reinicio Javi Pazos puxo o 4-1 tras unha boa testada.

 

Noticias web

01/09/2019