CRTVG

Buscar

O Racing máis ofensivo golea nas Rozas (2-5)

Publicado o 24/11/2019 14:57

Álex López marcou un golazo para os departamentais

17 dos últimos 21 puntos en xogo. É o dato que acredita a total adaptación do Racing de Ferrol á categoría. Ademais, Larraz vai recuperando efectivos. Un deles é Álex López, que volveu a titularidade e agradeceuno cun golazo por toda a escadra. O ex do Celta abriu o camiño da vitoria fronte o As Rozas, o que continuou Joselu. Anotou o segundo cunha fermosa chilena que só empaña o rexeitamento nun defensor.

Outro que volveu á titularidade foi Pablo Rey. Tampouco o desaproveitou. Exhibiu a súa enorme calidade de golpeo nun córner que introducen na portería entre Joselu e un defensor. Era o 0-3 co que se cheogu ao intermedio e que deu paso a unha segunda parte moi aberta.

Respostou nada máis reiniciarse o xogo o a As Rozas cun gol de Rivera. De penalti logrou o cuarto Pablo Rey. Foi case anécdota xa o segundo dos madrileños anotado por Calleja ao transformar tamén un penalti.

De novo a balón parado e co golpeo de Pablo Rey marcou diferenzas o Racing. Diego Seoane fixo o quinto. Oito goles nos últimos dous partidos falan ademais do bo momento ofensivo do equipo.

Noticias web

24/11/2019