CRTVG

Buscar

O Rácing inicia o camiño do ascenso contra o Xaén

Publicado o 22/05/2019 18:18

Chega a hora da verdade para o mellor equipo galego de terceira. O Rácing crúzase na eliminatoria de campións cun Xaén que arrasou con 101 puntos, pero chega preparado. Pablo Rey. Rácing de Ferrol: "O equipo fixo bo ano, chegamos nun bo momento de resultados e de xogo. Vai ser un partido complicado, de ritmo, típico de play off, pero agardamos estar ao noso mellor nivel e sacar un bo resultado."

A eliminatoria directa polo ascenso comeza o domingo na Malata, e iso para o capitán, é unha vantaxe: "Gústame o primeiro partido na casa, porque non coñeces ben os xogadores do outro equipo nin eles a ti, e pódese tirar proveito desa situación no noso campo. E logo na volta eles, que xogan na casa, non se poden volver tolos atacando, porque se marca un gol o rival penaliza moito."

Cento oitenta minutos separan o Rácing da ansiada volta á Segunda B.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

22/05/2019