CRTVG

Buscar

O Rácing de Ferrol prepara o seu regreso a Segunda B soñando ao grande

Publicado o 20/08/2019 16:32

Esta fin de semana comeza a 2ªB, categoría  á que retorna o Rácin de Ferrol. Un Rácing que se reforzou con dous xogadores de renome. Un deles da casa: Álex López. O outro é o arousán Dani Abalo. Dous vellos amigos, que brillaron naquel Celta de Paco Herrera e que agora volven unir forzas para que po Rácing poida soñar con facer algo grande esta temporada.  

Alex López e Dani Abalo son compañeiros, amigos e, agora, estandartes do Racing. Ambos representan os soños dun Racing que quere volver, sen presa pero sen pausa, ao fútbol profesional. Ambición dentro da humildade dun club que cumpre nesta campaña cen anos

Noticias web

20/08/2019