CRTVG

Buscar

O quinto día de folga de transportes en Francia colapsa os accesos a París

Publicado o 09/12/2019 14:42

Caos circulatorio en París. A primeira hora da mañá, as ringleiras de coches para entrar na capital francesa acumulaban máis de 620 quilómetros de retencións. Houbo tamén problemas nos accesos a Marsella ou Lión. É o froito da quinta xornada de paros no transporte público. En París, só circularon a metade dos autobuses urbanos e, con restricións, 6 das 16 liñas de metro.

Suspendeuse un de cada cinco trens: non funcionou ningún dos que conectan con España e Italia. Este martes, os controladores aéreos vanse unir á protesta contra a reforma de pensións de prepara Emmanuel Macron. O presidente francés desvelará o mércores os detalles do seu plan.

 

Noticias web

09/12/2019