CRTVG

Buscar

'O que arde' preestréase en Santiago

Publicado o 02/10/2019 12:18

Esta noite preestreouse en Santiago a película de Oliver Laxe O que arde. Foi no certame Curtocircuito que se celebra en Compostela. Canda o equipo de rodaxe, á proxección asistiu o presidente da Xunta amáis do conselleiro de cultura e o alcalde da cidade.

O que arde é unha película en lingua galega que acaba de ser premiada no festival de Cannes. 40 salas comerciais solicitáronlles xa aos produtores unha copia para exhibir.

"Eu como cineasta confío na sensibilidade, no ser de todos os espectadores e, dalgún xeito, cando fago as miñas películas penso que todo o mundo pode subir á miña caravana. Ás veces teño que baixar do meu cabalo, teño que facer un esforzo, coller da man, axudar, crear pontes para que a xente suba tamén ao meu cabalo e buscar fermosos horizontes, fermosas paisaxes", dixo Oliver Laxe.

"Eu non viña aquí máis que a sentirme orgulloso como home galego por vivir nesta sociedade, neste pobo, e coñecer xentes como Amador e Benedita, medalla Castelao 2019, e un rapaz que ten moi que decir, moito que falar, moito que crear, moitos fillos que ter, moitas películas que estrear... que é Oliver Laxe", asegurou o presidente da Xunta.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

02/10/2019