CRTVG

Buscar

"O que arde" compite á mellor longametraxe nos premios Forqué

Publicado o 11/01/2020 11:02

O que arde, do director Oliver Laxe compite hoxe como a mellor longametraxe nos Premios Forqué. Noutra categoría, a do Premio ao Cine e Educación en Valores, aspira a galardón a película Elisa e Marcela de Isabel Coixet, baseada na historia real da relación amorosa entre dúas mulleres galegas.


O que arde compite nos galardóns entregados polos produtores do cine español con Dolor y gloria de Almodóvar; con Mientras dure la guerra de Amenábar e con La trinchera infinita, do trío formado por Aitor Arregi, Jon Garaño e Jose Mari Goenaga.

É a primeira vez que un filme en galego pode acadar este premio dotado con 30.000 euros.

Noticias web

11/01/2020