CRTVG

Buscar

O pupitre coas mellores vistas está en Tui

Publicado o 27/08/2020 20:29

Non é doado dar con el. Para chegar ata o pupitre coas mellores vistas hai que baixar por aquí e ao fondo xa atopamos esta vella mesa que ten máis de medio século de vida. Moitos libros gardados nese caixón, moitas cousas escritas enriba del e moitos segredos gardados co noso compañeiro de cadeira.

O mellor miradoiro para o pupitre está nun vello embarcadoiro situado en Areas, Tui. Sentados nesta vella mesa, ademais do río Miño e Valença, podemos ver dúas pontes intrnacionais. A tranquilidade do lugar leva os nosos recordos ata os mellores momentos escolares.

Estivemos nun dos mellores bancos do mundo, pasamos un bo anaco sobre o mellor bambán e, agora, este pupitre quere ser, ademais dun lugar moi fotografado, o que mellores vistas ten.

 

Noticias web

27/08/2020