CRTVG

Buscar

O punto da rede de estradas nacionais con máis sinistralidade en Galicia está no Carballiño

Publicado o 18/12/2019 15:25

Entre os cinco puntos máis perigosos das estradas nacionais, hai tres que están en Galicia.  Son datos do último informe de RACE. O tramo da nacional 541 que discorre polo Carballiño é o que rexistra máis accidentes con feridos graves e falecidos de todo o estado, en segundo lugar está o cruzamento de dúas nacionais en Ribadeo, e a estrada da Coruña pola zona do concello de Ordes tamén ten moi altos niveis de sinistralidade.

O punto da rede de estradas nacionais con máis sinistralidade está en Godás do Río, no Carballiño. É a entrada á vila dende Pontevedra. Aquí combínanse un núcleo de poboación e un tráfico denso que inclúe vehículos pesados e un trazado complicado. Dende hai algo menos dun ano puxéronlles un radar, despois de múltiples iniciativas veciñais que denunciaban o perigo desta estrada.

Agora piden que o radar estea máis preto das casas e uns lombos máis altos, solicitude que lles denegaron porque poden afectar a estabilidade das ducias de vehículos pesados que pasan a diario por Godás do Río.

Noticias web

18/12/2019