CRTVG

Buscar

O PSOE volvería gañar as eleccións en Galicia o 10-N, segundo o CIS

Publicado o 29/10/2019 13:21
O PSOE volvería gañar as eleccións en Galicia o 10-N, segundo o CIS

O Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS) prevé que o PSdeG-PSOE volva gañar as eleccións en Galicia o próximo 10 de novembro, obtendo entre 10 e 11 deputados, fronte aos 10 que conseguiu en abril.

Segundo o barómetro preelectoral do CIS, cuxo traballo de campo levou a cabo entre o 21 de setembro e o 13 de outubro, antes de coñecerse a sentenza do 'procés' e de que se producise a  exhumación de Franco, o PP seguiría como segunda forza con 9 deputados, os mesmos que obtivo o mes de abril.

En Común-Unidas Podemos mantería os dous escanos logrados en abril e mesmo podería subir un pola Coruña; mentres que Ciudadanos perdería unha das súas actas logradas neses comicios, xa que mantería o escano logrado por Pontevedra, pero perdería o da Coruña.

Segundo a sondaxe preelectoral divulgada este martes, o BNG volvería quedar fóra do Congreso, do mesmo xeito que Vox e que Máis País, a marca de Íñigo Errejón que se presenta na Coruña e en Pontevedra e que non lograría representación en Galicia.