CRTVG

Buscar

O PSOE sobe en intención de voto ata o 31,1%, segundo o barómetro do CIS

Publicado o 19/05/2020 13:03
O PSOE sobe en intención de voto ata o 31,1%, segundo o barómetro do CIS

O Barómetro de Opinión do Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS) deste mes de maio, o segundo consecutivo centrado na crise do coronavirus, mantén o PSOE na cabeza en estimación de voto, cun apoio do 31,1%, e ata amplía a vantaxe sobre o PP, xa que sinala unha caída dun punto dos populares respecto da enquisa de abril, e agora colócaos no 20,3%.

Respecto da enquisa de abril, tamén baixan Vox, que rexistra un 11,3%, e Unidas Podemos, que pasa ao 11,5%, mentres que sobe Ciudadanos ata o 10,5%.

Por motivos sanitarios, nesta enquisa, como ocorreu en abril, o CIS non realizou as súas entrevistas persoais en domicilio e contratou unha empresa externa para realizar o traballo de campo con chamadas telefónicas.