CRTVG

Buscar

O PSOE perde a maioría absoluta en Tui por un voto

Publicado o 07/06/2019 19:12

O PSOE perde a maioría absoluta que obtivo no concello de Tui nas eleccións municipais. A Xunta electoral central declarou válido un voto para os populares que no reconto se considerou nulo. Trátase dun sobre que contiña dúas papeletas do mesmo partido, unha delas con garabatos, pero a outra en perfecto estado. Como consecuencia da admisión deste voto, os socialistas perden un concelleiro que gaña o PP e, deste xeito, perden tamén a maioría absoluta.

Noticias web

07/06/2019