CRTVG

Buscar

O PSOE nega que haxa un pacto con Bildu para aprobar os orzamentos

Publicado o 16/11/2020 15:27

Seguen as críticas ao Goberno polo apoio de Bildu na tramitación dos presupostos xerais, hoxe da boca do o exdirixente socialista Alfonso Guerra: "Eu creo que é absolutamente desprezable ese acordo. Hai moitos españois, e dende logo moitos socialistas, que teñen un nó na gorxa que é un berro que non sae por sentido da responsabilidade, pero que están desexando berrar con Bildu non, con Bildu non, tal cal dicía o presidente do Goberno".

Destas declaracións falaron pouco despois na reunión que mantivo a executiva do PSOE. E Ábalos insiste en que non hai ningún pacto con Bildu.

Dende Ciudadanos pídenlle a Sánchez que escolla apoios. E dende o PP acusan a Sánchez de traspasar unha liña.

 

Noticias web

16/11/2020