CRTVG

Buscar

O PSOE é primeira forza en Ourense, con 8 edís, seguido do PP con 7 concelleiros

Publicado o 27/05/2019 16:30

O PSOE converteuse na forza máis votada na cidade de Ourense, co 26,31 por cento de votos e o BNG volve á corporación municipal, en detrimento de Ourense en Común, a plataforma apoiada pola dirección de Anova que queda fóra, prexudicada pola importante fragmentación, tal e como confirmou o propio partido.

O PSdeG conseguiu un 26,31 por cento de apoio, logrando finalmente oito escanos -moi lonxe da maioría absoluta, que son 14-; catro puntos por encima do PP, que se sitúa como segunda forza, con sete, e Democracia Ourensana, que ocupa o terceiro posto, con sete edís, os mesmos que os populares. A marea Ourense en Común, apoiada pola dirección de Anova, queda fóra da corporación, mentres que a candidatura Ourense Mellor -que avalaba o partido de Luís Villares- tamén queda fóra, do mesmo xeito que Unidas Podemos. Pola contra, o BNG volve con dous concelleiros tras quedar fóra en 2015.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí