CRTVG

Buscar

O PSOE e Unidas Podemos inician as conversas para pactar unha proposta de orzamentos

Publicado o 01/09/2020 18:51

A ministra de Facenda deixa claro que Unidas Podemos estará presente na negociación do presupostos. Esta tarde Montero reuniuse con dirixentes da formación morada para empezar a preparación das contas públicas. A ministra dixo confiar nun "entendemento rápido" co socio de coalición para despois negociar co resto de grupos parlamentarios. 

María Jesús Montero, ministra de Facenda: "Son presupostos do Goberno que os aproba o Goberno. Isto significa que as dúas formacións políticas que compoñen o Goberno téñense que considerar razoablemente cómodas nese proxecto de presupostos sendo todos conscientes de que só contamos con 155 deputados e que, polo tanto, ese óptimo teremos que ser capaces de modulalo no diálogo e nas conversas que manteñamos co resto de grupos políticos".


 

Noticias web

01/09/2020