CRTVG

Buscar

O PSOE gaña en dez comunidades, pero a esquerda non suma en Madrid

Publicado o 27/05/2019 16:58

O Partido Socialista consolida a súa hexemonía ao ser a forza máis votada en todas as comunidades que acudían ás urnas, agás Navarra e Cantabria. Pero non poderá gobernar en todas polos máis que probables pactos dos partidos de dereitas. A vitoria máis agridoce do PSOE foi na comunidade de Madrid, onde previsiblemente será presidenta a popular Isabel Díaz Ayuso co apoio de Ciudadanos e Vox.

O PSOE logra a maioría absoluta en Estremadura e Castela-A Mancha, con Fernández Vara e García-Page. Poderá gobernar, pero con apoios, en Asturias, A Rioxa, As Baleares e Aragón. Tamén vence en Castela e León, feudo popular, pero o executivo autonómico depende de Ciudadanos. O candidato socialista de Murcia tamén rematou coa hexemonía do PP, pero precisaría do apoio dos de Rivera.

O partido de Pedro Sánchez gañou as municipais, con seis millóns 600.000 votos, máis do 29 % do total. Logra maiorías absolutas contundentes en Vigo, Huelva e Soria, e gobernará en 13 capitais de provincia. Tamén pode reter as alcaldías de Sevilla, Valladolid e As Palmas, e lograr Zaragoza. En Galicia gañou en 92 dos 313 concellos, e ten opcións de gobernar en seis das sete grandes cidades.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí