CRTVG

Buscar

O PSOE descarta a gran coalición e Sánchez chamará os líderes para formar goberno "canto antes"

Publicado o 11/11/2019 20:40

A Executiva Federal do PSOE analizou o resultado da repetición electoral. A pesar das dificultades, cun Congreso aínda máis fragmentado ca en abril, aspiran a sumar, din, con todos os que queiran desbloquear España.

"Nós temos o compromiso de conseguir ese goberno progresista, e a partir de hoxe o noso secretario xeral e aspirante a revalidar a presidencia do Goberno fará as chamadas pertinentes aos líderes. Vai sondar a súa opinión", asegurou o secretario de Organización do PSOE.

En principio, queren conseguir o apoio de Unidas Podemos, Más País, Ciudadanos, rexionalistas e nacionalistas, pero con excepcións.

"Imos seguir intentando, aínda que sexa sós, non depender dos independentistas", afirma Ábalos.

Non aclaran se aceptarían o goberno de coalición con Unidas Podemos que rexeitaron en abril, pero si descartan unha gran coalición co PP.

"Nós non imos apostar por ningún goberno de gran coalición cunha dereita que segue sen asumir a súa propia situación e a súa responsabilidade", dixo o secretario de Organización dos socialistas.

No PSOE din que traballan para que haxa Goberno antes de finais de ano.
 

Noticias web

11/11/2019