CRTVG

Buscar

O PSOE asegura que é o único partido que propón un programa de esquerdas

Publicado o 05/11/2019 14:59

O secretario xeral dos socialistas galegos viaxou este martes ao Barco de Valdeorras, onde fixo campaña co alcalde e presidente da Fegamp, Alfredo García, e coa número un ao Congreso na lista do PSdeG por Ourense, Marina Ortega.

Gonzalo Caballero amosouse optimista de cara á cita coas urnas do próximo domingo e insistiu na necesidade de que Pedro Sánchez saia reforzado con respecto aos resultados do 28 de abril.

Nun acto en Valladolid, Sánchez insistiu en que o seu partido é o único que propón aos cidadáns un programa político de esquerdas.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

05/11/2019