CRTVG

Buscar

O PSOE ampliaría 11 puntos a distancia co PP, segundo o CIS

Publicado o 19/05/2020 14:46

Barómetro do CIS pola COVID-19. A xestión do Goberno practicamente divide os enquisados. O 48% non confía no Executivo, fronte a un 46% que si.

Aínda así, a gran maioría, o 75%, pensa que a oposición debería deixar as críticas para outro momento. En canto á intención de voto, o PSOE segue na primeira posición co 31% dos apoios e amplía a distancia co PP a once puntos. Os populares perden un punto e tamén baixan Vox e Unidas Podemos, mentres sobe Ciudadanos, tres puntos.

O barómetro tamén recolle que diminúe a preocupación polo coronavirus, case á metade respecto á enquisa anterior. E nesta ocasión eliminouse a pregunta sobre o control das noticias falsas, que fora moi criticada. O presidente do CIS, Félix Tezanos, comparece esta tarde no Congreso para dar explicacions.

Noticias web

19/05/2020