CRTVG

Buscar

O PSOE ábrese a incorporar ministros de Podemos, coa única excepción de Iglesias

Publicado o 19/07/2019 15:17

A voceira do PSOE detallou a súa última oferta. Fala xa de goberno de coalición, con ministros de Podemos, coa única excepción de Iglesias. Abren así a porta a outros membros da dirección como Irene Montero.

En Podemos poñen en valor a consulta ás bases, cunha participación dun 27%, o 70% dos que votaron apoiaron a súa proposta dun goberno de coalición. Cren que será posible se o PSOE deixa os vetos.

A falta de acordo entre PSOE e Podemos mantén en suspenso o sentido do voto doutras formacións. Junts per Cataluña inclínase polo non pero decidirá despois de escoitar a Sánchez. E a dirección de Esquerra, que se reuniu esta mañá, di que non se pode pronunciar sobre algo que non existe.

Na mesma liña, máis de 200 persoalidades do mundo da cultura asinaron un documento pedíndolle ao PSOE e a Podemos altura de miras para pechar xa un goberno de progreso.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

19/07/2019