CRTVG

Buscar

O PSOE abandona o Goberno de Mugardos e deixa a EU en minoría

Publicado o 21/10/2019 21:09
O PSOE abandona o Goberno de Mugardos e deixa a EU en minoría

Os edís do PSOE no Concello de Mugardos (A Coruña) oficializaron este luns a súa saída do Goberno local, que agora encabeza en minoría Esquerda Unida, tras retirarlle a alcaldesa, Pilar Díaz, atribucións ao seu portavoz, José Ángel Martínez Bardanca. Deste xeito, a formación da rexedora exercerá en solitario con catro dos trece escanos da Corporación municipal mugardesa.

O portavoz do PSOE afirmou que entre ambos os dous partidos "houbo problemas desde o inicio do mandato" en xuño pasado, cando pactaron a repartición de áreas a noite anterior á sesión de investidura. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí