CRTVG

Buscar

O PSdeG pídelle a Feijóo que pacte coa oposición unha folla de ruta para a recuperación

Publicado o 15/01/2021 15:17

O secretario xeral do PSdeG-PSOE considera que "ante a maior crise, o goberno da Xunta tiña que ter buscado mecanismos de acordo dende o primeiro momento para protexer a saúde e, especialmente, para a reactivación e protección dos sectores afectados".

Nun encontro coa prensa, Gonzalo Caballero laiouse de que "ao longo de todos estes meses de lexislatura non houbo ningunha xuntanza do presidente da Xunta cos partidos políticos da oposición para compartir unha folla de ruta para a reconstrución".

Noticias web

15/01/2021