CRTVG

Buscar

O PSdeG pide que a Xunta sume cen millóns ao presuposto de Sanidade

Publicado o 20/01/2021 15:20

Os socialistas galegos pídenlle á Xunta que incremente con cen millóns máis a partida prevista para Sanidade nos vindeiros orzamentos.

Gonzalo Caballero cre necesario reforzar o sistema público contrantando máis persoal, "para que cada vacina que chegue a Galicia se use de forma inmediata, e para corrixir as eivas do sistema de telemedicina", asegurou ante a prensa o secretario xeral do PSdeG.

 

Noticias web

20/01/2021