CRTVG

Buscar

O PSdeG dará a coñecer este mércores o seu cabeza de lista en Ourense

Publicado o 26/03/2019 15:47

Pasou máis dunha semana dende que Vázquez Barquero anunciara a súa renuncia a encabezar a candidatura socialista á cidade de Ourense tras os cambios nas listas aprobadas polo comité federal, e o PSOE segue sen candidato, pero será por pouco tempo.

Entre as opcións a número dous da lista, Natalia González, que se postulou publicamente, ou o secretario provincial, Rodríguez Villarino, que mantén silencio dende hai máis dunha semana. Militantes da cidade piden a convocatoria dunha asamblea para abordar a situación.

Ademais do candidato, tamén renunciaran o número tres e oito da lista, que deberán ser subtituídos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

26/03/2019