CRTVG

Buscar

O PSdeG comprométese coa modernización do naval e o ferrocarril a Ferrol

Publicado o 16/05/2019 15:54

A vicesecretaria xeral do PSOE fai hoxe campaña cos candidatos socialistas galegos. Adriana Lastra viaxou ata Ferrol xunto ao líder do PSdeG, Gonzalo Caballero, para apoiar o candidato á alcaldía, Ángel Mato.

Alí recordaron o compromiso do Goberno socialista co fomento do sector naval e pediron aos votantes de esquerdas que non se fíen dos resultados que amosan as enquisas e acudan ás urnas o día 26 para apoiar un proxecto que aposte por loitar contra a despoboación e a perda de emprego en Ferrol.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/05/2019