CRTVG

Buscar

Gonzalo Caballero presenta os candidatos do 10-N pola Coruña

Publicado o 20/10/2019 14:04

Pilar Cancela encabeza a candidatura do PSdeG na provincia da Coruña. A lista presentouse este mediodía ao pé da Casa das Ciencias, nun acto ao que asistiu o secretario xeral dos socialistas galegos. Gonzalo Caballero mostrou o seu apoio ás forzas de seguridade despregadas en Cataluña, en especial aos dous axentes galegos feridos. Tamén anunciou unha campaña electoral de proximidade para explicarlle á cidadanía que o 10 de novembro España decide se mantén un goberno que asegure os avances sociais:

"Temos que falar coa cidadanía de todo o que se decide o 10 de novembro, máis alá da cuestión da situación catalá. O 10 de novembro decidimos se este país avanza na senda de liberdades e dereitos sociais en cuestións como o dereito ao aborto,o dereito a unha morte digna a través da eutanasia, en cuestións como a igualdade real entre mulleres e homes e a loita contra a violencia machista".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

20/10/2019