CRTVG

Buscar

O PSC absterase na moción contra Torra porque considera que "Ciudadanos non é a solución"

Publicado o 01/10/2019 14:54

A Mesa do Parlamento catalán xa tramita a moción de censura que Ciudadanos presentou contra o presidente da Generalitat. Polo momento, o partido de Rivera só conta co apoio do Partido Popular, que trata de sumar tamén o PSC a esta iniciativa. Pero a voceira dos socialistas cataláns xa anunciou que se van abster. Eva Granados di que se o problema é Quim Torra, a solución non é Ciudadanos. E considera a moción de censura un acto de propaganda electoral do partido laranxa.

Pola súa parte a líder dos comúns no Parlament, Jéssica Albiach, rexeitou apoiar a moción de censura impulsada por Ciudadanos contra el presidente da Generalitat, Quim Torra, porque votar a súa candidata, Lorena Roldán, sería "poñer un pirómano a apagar o lume".

"O problema non é a moción de censura, é quen a presenta. É poñer o lobo a coidar as ovellas ou un pirómano a apagar o lume", sostivo en conferencia de prensa no Parlament, onde lle acompañaba o portavoz dos comúns no Congreso, Jaume Asens.

O debate podería celebrarse o próximo luns.

 

Noticias web

01/10/2019