CRTVG

Buscar

O proxecto do Porto de Vigo para a creación dun xardín mariño chama a atención máis alá de Galicia

Publicado o 02/03/2020 15:21

Mediante a instalación de estruturas innovadoras crearase un xardín mariño para a fixación de algas e a cría de peixes e outras especies. Será un observatorio para os cidadáns que poderán ver baixo os seus pés a vida nos ecosistemas. O proxecto nace como parte da loita do Porto de Vigo contra o cambio climático.

O proxecto, bautizado como Peiraos do solpor, converteuse en finalista xunto Estados Unidos e Corea aos premios Óscar portuario na categoría de integración porto-cidade.

A Asociación Internacional de Portos anunciará o gañador o próximo 18 de marzo.

Noticias web

02/03/2020