CRTVG

Buscar

O proxecto de reapertura da mina provocou unha ampla contestación social

Publicado o 28/01/2020 17:18

En agosto de 2017 Cobre San Rafael S.L. inicia o plan de reactivación da mina como novo xerente da explotación. Nun mes comeza un movemento de "Non á mina" e en novembro hai 1.500 alegacións en contra da pretensión de volver extraer cobre. A empresa ve posibilidades de negocio e oferta 400 postos de traballo. En contra están os que ven nela un mal seguro para o seu mediomabiente. No medio, a Xunta que aseguraba que a decisión de abrir ou non a mina dependería de quince informes técnicos do sector mineiro.

Esta mina, entre os concellos de Pino e Touro, produciu cobre entre 1973 e 1986. O mercado desvalorizouno e hoxe, tres décadas despois, volve ser un metal preciado na condución da tecnoloxía. Entre os opoñentes á "ampliación da mina" estaban a Sociedade Galega de Historia Natural, plataformas municipais e veciñais, e asociacións culturais e ecoloxistas.

Tamén se opuxeron algunhas confrarías convencidas de que a contaminación do Ulla é a contaminación da ría de Arousa. Cobre San Rafael S.L. defendíase, dicía que esta nova minería de metais non ten nada que ver coa dos setenta e oitenta.

Hoxe péchase este capítulo. A mina non ten o visto e prace dos técnicos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

28/01/2020