CRTVG

Buscar

O primeiro premio do sorteo da Lotaría Nacional deixa cinco millóns de euros en Ribeira

Publicado o 17/10/2020 21:45

En Ribeira están hoxe de celebración. O primeiro premio da Lotaría Nacional repartiu case cinco millóns de euros na vila da Barbanza. Asi de ledos estaban este mediodía algúns dos afortunados. Dúas administracións repartiron uns oitenta décimos. Cada boleto está premiado con 60.000 euros cada un. O 32.125 deixou premios moi repartidos e ata os loteiros desta Admiistración van embolsar 60.000 euros cada un.

Noticias web

17/10/2020