CRTVG

Buscar

Primeiro edificio verde de Galicia: buscando a sustentabilidade nas vivendas

Publicado o 23/11/2020 13:24

Crear un ambiente que lles propicie aos veciños un modo de vida saudable e que minimice a contaminación ambiental, acústica e lumínica era un reto, conseguilo foi o premio para os propietarios das 36 vivendas que en breve poderán facer xa a mudanza.

"A situación actual, comercial, da vivenda de obra nova require cada vez máis un nivel de posicionamento nas calidades e na eficiencia enerxética, co cal, xa partindo dunha categoría enerxética, ademais optamos con conseguir certificado verde de maior sostibilidade", comenta Ángel Lavandeira, comercial de Santiago Sur Galicia.

Para ser acreditado como un edificio verde tiveron que cumprir moitos requisitos durante todo o proceso construtivo seguindo criterios de sostibilidade.

"É accesible ao transporte público, ten un lugar reservado especial para bicicletas, a preinstalación para a recarga de coches eléctricos. Os materiais teñe que ser na medida do posible, cercanos na súa fabricación, inténtase que o soleamento sexa o maior posible para conseguir iluminación natural", di Fernando ArtArteaga, arquitecto.

Perfectamente illado térmica e acusticamente, este edificio de vivendas situado no barrio santiagués de Santa Marta é o primeiro que consegue ser verde en Galicia.

Noticias web

23/11/2020