CRTVG

Buscar

O prezo do porco sobe un 30% polo aumento das exportacións á China

Publicado o 07/08/2019 11:44

A guerra comercial entre os Estados Unidos e A China ten efectos en España. Nos últimos meses, por exemplo, dobráronse as exportacións de carne de porco á China, provocando unha suba do 30% nos prezos que paga a industria transformadora. A suba aínda non se trasladou completamente aos puntos de venda, pero xa hai consumidores que a notan. 

A de porco é a carne favorita dos galegos. E algúns xa notaron como os prezos foron medrando nos últimos meses.

A peste porcina na China fixo que as exportacións de carne ao xigante asiático medraran un 50% este ano. Esa demanda disparou os prezos nas lonxas españolas, subindo un 30%, ata situarse en 1,46 euros o quilo. Unha boa nova para os porcinocultores do país.

Pero a industria xa manifestou a súa alarma ao non poder trasladar á gran distribución o aumento nos prezos da carne. Piden medidas que lles axuden a paliar unha situación que, din, podería prolongarse no tempo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/08/2019