CRTVG

Buscar

O prezo da vivenda en Oleiros medrou un 23% no último lustro, o maior incremento en Galicia

Publicado o 11/01/2020 14:34

Nesta promoción inmobiliaria o prezo do metro cadrado é de preto de dous mil euros. Está en Santa Cruz, a escasos cincocentos metros da praia e do castelo. Oleiros é o municipio galego onde máis subiu o prezo da vivenda libre no último lustro, algo máis do 23%. É o cuarto concello máis caro de Galicia, por detrás da Coruña, Santiago e Vigo. "A vivenda é cara porque ademais non deixan construír máis de tres alturas. Cando eu comprei hai vinte anos xa era caro. Agora imaxino que máis". "Este municipio é bastate caro, pero vale a pena pagalo", comentan os veciños. 

O que vale a pena téñeno claro os máis de 36.000 habitantes de Oleiros. Praias, amplas zonas verdes e urbanismo de baixa densidade moi preto da cidade da Coruña. O prezo do metro cadrado de vivenda supera os 1.300 euros. Oleiros é un dos municipios con maior renda anual por habitante de España.
 

Noticias web

11/01/2020