CRTVG

Buscar

O presunto autor do accidente mortal de Marrozos foi acusado de tres delitos

Publicado o 09/10/2020 16:14

A investigación do accidente mortal rexistrado na madrugada do sábado pasado na N-525 en Santiago de Compostela, comeza a dar os seus froitos.

A Garda Civil investiga un dos condutores implicados por ata tres delitos: homicidio imprudente, lesións e omisión do deber de socorro.

Trátase dun home que ao día seguinte se presentou no cuartel co seu vehículo despois de fuxir presuntamente do lugar do sinistro no momento de se producir.

Os investigadores cren que este e outro condutor conducían de maneira temeraria no momento en que un deles bateu frontalmente contra outro coche, falecendo o seu único ocupante.

Noticias web

09/10/2020