O presidente do Salvador mete o exército no Congreso para aprobar unha partida contra as 'maras'
Publicado o 10/02/2020 09:13
O presidente do Salvador enviou o exército e un grupo de policías á sesión extraordinaria no Congreso que debatía unha partida especial do Goberno para acabar coa violencia da maras. Houbo críticas da oposición pola imaxe, que consideran pouco democrática, e porque consideran o xesto do presidente como unha medida de presión.
Fóra, amparado por un grupo de manifestantes, o presidente Nayib Bukele arremeteu contra parte da oposición, á que acusa de corrupción e de amparar as maras. O propio alcalde de San Salvador está imputado por supostos nexos con estes grupos.
Máis sobre actualidade
03/03/2021 21:33
03/03/2021 21:27