CRTVG

Buscar

O presidente de Bankia aspira a duplicar a presenza da entidade en empresas galegas

Publicado o 23/05/2019 15:47

Bankia quere expandirse en Galicia, especialmente no mundo da empresa. Anunciouno esta mañá o presidente da entidade, que participa a estas horas nun coloquio no pazo de Mariñán sobre as perspectivas do sistema financeiro español.

José Ignacio Goirigolzarri, presidente de Bankia: "Temos a aspiración de duplicar a nosa presenza en empresas de Galicia nos próximos tres anos. No mundo de particulares, eu creo que a día de hoxe, coa situación actual, non se necesitan máis oficinas para incrementar a nosa presenza".

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

23/05/2019