CRTVG

Buscar

O presidente da Xunta ofrece apoio sen fisuras ao comité de empresa de Alcoa San Cibrao

Publicado o 04/07/2020 21:17

O presidente da Xunta ofrece apoio sen fisuras ao comité de empresa de Alcoa San Cibrao e insta o Goberno central a que concrete de inmediato unha tarifa eléctrica competitiva. Entende Alberto Núñez Feijóo que sen ese marco enerxético non hai solución para a factoría. Nunha xuntanza de máis de dúas horas, o presidente comunicoulles en persoa aos traballadores que apoia unha intervención temporal da empresa ata que se atope unha solución.

O presidente da Xunta reclámalle ao Goberno central que empregue parte deses 10.000 millons de euros para o rescate da fábrica de Alcoa en San Cibrao.

Membros do comité de empresa da factoría de Alcoa en San Cibrao reúnense co presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, para tratar a situación da factoría, onde hai programados 534 despedimentos. O presidente da Xunta reclámalle ao Goberno central que empregue parte dos 10.000 millons de euros que anunciou para defender a industria no rescate da fábrica de Alcoa en San Cibrao.

Para o vindeiro martes os traballadores teñen prevista ademais unha xuntanza co secretario xeral do Ministerio de Industria. E o venres teñen convocada unha mobilización na Coruña diante da Delegación de Goberno.

 

Noticias web

04/07/2020