CRTVG

Buscar

O presidente da Xunta lamenta o paso dado por Endesa nas Pontes

Publicado o 28/12/2019 14:43

O presidente da Xunta lamenta o paso dado por Endesa ao presentar a solicitude de peche da central térmica das Pontes e advirte que é unha noticia que "Galicia non pode aceptar" porque afecta a 750 familias. Di Núñez Feijóo que apagala pode poñer "en discusión" a "suficiencia e a seguridade enerxética" de España. O titular da Xunta marcou os meses de xaneiro e febreiro para a fin das probas para que Endesa opere con combustibles alternativos ao carbón e insistiu en rebaixas impositivas para que cadren as contas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

28/12/2019