O presidente da Xunta anuncia unha baixada de impostos para 2020

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, anunciou este mediodía a través de Twitter unha rebaixa de varios impostos nos orzamentos de 2020, que se presentan mañá.
En concreto, o imposto de transmisións patrimoniais (ITP) para vivenda quedará no 5%, "o máis baixo de todas as comunidades autónomas", di Feijóo. Desta maneira, o rural galego será o lugar "onde menos custe mercar unha vivenda en toda España".
"Esta medida -engade o presidente en Twitter- súmase ao programa de impostos cero que xa existe para adquirir parcelas nas zonas menos poboadas". En opinión de Feijóo, "para que o rural sexa atractivo e a xente queira vivir nel hai que enchelo de incentivos".
Os orzamentos para 2020 garantirán "a menor carga fiscal posible que permita a realidade e económica" e farán que Galicia "vaia por diante en redución de impostos", segundo o presidente da Xunta, que conclúe no seu fío de Twitter: "Galicia é estabilidade".
En 2020 os galegos pagarán menos impostos. Os orzamentos que presentaremos mañá incluirán novas reducións, como sempre fixemos: garantindo a menor carga fiscal posible que permita a realidade económica pic.twitter.com/M7SR8drkCX
— Alberto Núñez Feijóo (@FeijooGalicia) October 16, 2019